XOGAMOS?
Que son os e-téxtiles?
Tamén chamados wearables ou téxtiles intelixentes consisten en dotar de circuitos eléctricos ou electrónicos ás perdas que usamos.
Para que estes circuítos funcionen debemos seguir os pasos dun circuito eléctrico común.
Usaremos fío conductor, unha batería e teremos un interruptor para encender ou apagar o noso circuito.

Para facer un e-téxtil precisamos o seguinte material:
- Fío conductor
- Portabaterías
- Led
Para facer unha prenda intelixente necesitamos un material de base, o máis sinxelo, tendo en conta que imos coser é a tea.
Debemos crear un circuito en serie, para iso usaremos o fío conductor coma se fosen os cables. O portabaterías ten a polaridade indicada nos lados. Levaremos un fío dende o positivo ao lado positivo do LED (lembrade que teñen polaridade) e un fío dende o lado negativo ata o led.
Debemos coser ben para que a electricidade pase sen problemas.
Unha vez que a nosa prenda funciona podemos incorporar un interruptor usando velcro. Coseremos en cada lado do velcro fío conductor de xeito que ao unilo se toque o fío e faga contacto, así a nosa prenda se encenderá ao unir o velcro e permanecerá apagada se non o unimos.